Autor
Ainhoa Martínez Álvarez
Unha serea sae das augas para dirixirse ao pobo galego co seu canto, coa pretensión de recordarlles parte da súa identidade. Fai un repaso dende o inicio dos tempos, lembrando a través da música, a poesía, a literatura e os contos a importancia da súa relación co mar dende un punto de vista social, cultural e medioambiental. Cantos de serea ofrece unha viaxe por obras de poetas do mar, cancións populares, acontecementos históricos e lendas que se mesturan coa realidade da que nacen nun canto de amor ao mar.
