Autor
Manuel Castro Lima
Hai moito tempo, Papá Noel creou a Estrela Máxica, que garda toda a maxia do Nadal. Cada ano necesita recargarse coa enerxía do Nadal: risas, cancións, soños e ledicia. Este ano está máis feble porque algúns nenos esqueceron o verdadeiro significado destas festas. Dous elfos moi enxeñosos intentarán recuperala coa axuda dos máis cativos.