Factoría de Eventos

Onde as ideas convértense en espectáculo.

Deseñamos experiencias únicas para celebracións, eventos culturais e accións sociais. Se tes unha data importante, unha historia que contar ou unha comunidade que reunir, nós poñemos a escena.

Reservar Actividad
Reservar GRATIS

Un laboratorio de ideas para eventos que deixan pegada

A Factoría de Eventos é o noso laboratorio creativo, o lugar onde transformamos datas sinaladas, valores sociais e ganas de diversión en propostas escénicas únicas.

Cremos que cada ocasión merece unha linguaxe propia. Por iso, o noso equipo de creadores deseña cada proxecto desde cero, combinando o rigor da planificación coa chispa do teatro e a participación activa.
‍
O resultado son eventos que non só se celebran: vívense, compártense e recordanse.

Creatividade, escena e participación.

Na Factoría de Eventos non repetimos fórmulas. Cada proxecto nace dunha idea, dunha historia ou dun obxectivo concreto.
‍
Desde festivais ata campañas culturais, pasando por celebracións comunitarias ou eventos institucionais, creamos experiencias que mesturan espectáculo, participación e emoción.

Servizos

Eventos que podemos crear

Deseñamos e producimos eventos adaptados a diferentes contextos e públicos.

Eventos culturais

Creación de espectáculos, programación cultural e experiencias escénicas para festivais, festas locais e programacións municipais.

Eventos institucionais

Actos públicos, inauguracións, celebracións oficiais ou eventos corporativos pensados para transmitir valores e conectar co público.

Eventos comunitarios

Celebracións pensadas para reunir á comunidade, fomentar a participación e crear experiencias compartidas.

Eventos temáticos

Deseñamos experiencias escénicas arredor dunha temática concreta para crear un ambiente único e memorable.

O que podemos facer

Animación e espectaculo

O noso equipo artístico e creativo pode desenvolver diferentes formatos escénicos:

Animación teatralizada
Personaxes e performances
Espectáculos de rúa
Narrativas escénicas para eventos
Interésame
O que podemos deseñar

Escenografías e experiencias a medida.

Ademais da animación e da produción, deseñamos todos os elementos que constrúen o universo visual do evento:

Escenografías e decorados
Espazos temáticos
Instalacións participativas
Ambientacións escénicas
Interésame

Por que crear o teu evento
con Barafunda

Experiencia profesional

Máis de 20 anos creando eventos
e animación infantil.

Equipo multidisciplinar

Artistas, educadores, animadores e
produtores culturais.

Experiencias participativas

O público non só observa:
forma parte da historia.

Producción completa

Encargámonos da idea, do deseño
e da execución.
FAQ

Dubidas frecuentes

Que tipo de eventos podedes crear na Factoría de Eventos?

Deseñamos eventos culturais, celebracións comunitarias, programacións para concellos, eventos temáticos, espectáculos de rúa e experiencias participativas. Cada proxecto créase desde cero para adaptarse ao contexto e ao público.

Traballades con concellos, empresas ou particulares?

Si. A Factoría de Eventos está preparada para colaborar con administracións públicas, empresas, asociacións culturais e tamén con clientes particulares que queiran organizar un evento especial.

Podedes deseñar un evento completamente personalizado?

Por suposto. O noso equipo creativo desenvolve cada proposta desde cero, adaptando a temática, a escenografía, as actividades e a animación ás necesidades de cada proxecto.

Encargádesvos tamén da produción do evento?

Si. Podemos encargarnos de todo o proceso: desde a idea inicial e o deseño creativo ata a coordinación, animación e produción final do evento.

Factoría de Eventos

Factoría de Eventos

Organizas un evento ou espectáculo? Escríbenos e o poñémonos en marcha.
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.