
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Unha criatura mítica esperta tras séculos de silencio. Xorde entre a multitude un alicornio colosal, formado por centos de globos e coroado con crinas de todas as cores do arco da vella. A súa presenza transforma a cidade: o cotián vólvese máxico, o urbano convértese en escenario. Ao seu redor, unha troupe de figuras humanas acompaña o seu paso, interactuando co público e abrindo camiños de fantasía no medio do asfalto. Unha viaxe onírica que converte cada rúa nun soño compartido.