
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Nunha rúa chea de alegría e absurdo, un Cabalo Piñata máxico cobra vida xunto ao seu amigo Pepito, un domador clown que semella saído dun cadro de Dalí. Xuntos son o caos organizado: Cabalo Piñata galopa facendo breakdance e lanzando confeti, mentres Pepito fai malabares e organiza tolas competicións. As risas son contaxiosas, e a súa interacción cos espectadores transforma cada momento nun festival de disparates e diversión. Ao final, a explosión de doces deixa a todos felices e con sorrisos que non se quitan.