
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Un día tranquilo na cidade vólvese caótico cando un can xigantesco de globos decide que xa non quere pasear tranquilo. Este can rebelde comeza a perseguir todo o que se move: bicicletas, niños de paxaros, incluso outros globos! A súa dona tenta manter o control, pero entre os tiróns da correa e as situacións disparatadas, o paseo convértese nunha auténtica aventura urbana. Un espectáculo cheo de risas, movemento e momentos inesperados onde o público será testemuña da batalla entre a calma da dona e a enerxía desbordante do seu can de globos.