
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

"Cascarolos Mutantes" é un espectáculo cómico e sorprendente que invade as rúas con cascarolos xigantes e mutantes, chegados tras a caída dun meteorito misterioso. Lonxe de causar medo, estes seres provocan gargalladas aló por onde pasan: xogan, corren, interactúan e transforman o espazo público nun xardín de humor absurdo e creatividade. Unha festa visual e participativa para todos os públicos, onde a ciencia ficción mestúrase coa retranca e a imaxinación.