
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Un crocodilo xigante feito con globos emerxe entre os edificios, avanzando coas súas mandíbulas abertas e un paso impoñente, mentres tres turistas extravagantes, cargados de cámaras, prismáticos e moita torpeza, o seguen coma se estivesen no corazón de África. Con espírito de safari e alma de pallaso, esta comitiva desata o riso e a marabilla do público, interactuando coa xente, facendo fotografías imposibles e vivindo situacións absurdas ao ritmo dunha exploración moi particular. Un espectáculo de rúa cheo de humor, maxia visual e fantasía inflada.