
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Unha colorida e ruidosa comitiva de vodas indias chega á vila… pero hai un pequeno problema: o noivo e a noiva desapareceron! Sen deixar que a confusión apague a festa, o resto da comitiva, encabezada por un espectacular elefante xigante, busca aos protagonistas do enlace mentres segue celebrando a boda de maneira improvisada. Músicos, bailaríns e convidados lanzan pétalos, polvos Holi e... casan a calquera parella que se cruza no camiño! Con cada paso, a cidade convértese nun verdadeiro festival de cores e risas, e os convidados comezan a buscar tamén o festín! Atoparán aos noivos ou acabarán casando a toda a vila? Sexa como sexa, a festa non se detén!