
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Cansos das migracións e das mesmas rutas, un grupo de flamengos decide cambiar de vida e converterse en turistas. Sen bandada que seguir, comezan a explorar mercados, sacar fotos nos monumentos e meterse en todo tipo de líos cómicos, sorprendendo aos humanos con posturas e acrobacias para as cámaras. A súa presenza nas rúas provoca risas e asombro, demostrando que a verdadeira diversión chega cando se deixa de seguir o guión e se goza do momento. A aventura acaba de comezar!