
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.
.jpg)
Un grupo de pandas globos percorre as rúas da cidade cun problema ben serio: perderon o seu precioso bambú e non teñen nin idea de onde está. Na súa busca, os pandas non dubidan en meter o nariz en todo: revisan bolsos, escoitan conversacións e até se atreven a "roubar" algunha merenda para investigar pistas. A súa obstinación provoca momentos divertidos e situacións inesperadas que fan rir a grandes e pequenos. Un espectáculo que mestura humor, movemento e interacción directa co público, onde cada quen pode acabar sendo cómplice desta desasosegante aventura panda.