Polbo Escapista

"Colombo, o polbo escapista" é unha comedia mariñeira chea de humor, enxeño e espectáculo. Nunha vila costeira galega, o pulpeiro Pepe intenta cociñar ao astuto Colombo, pero remata metido nunha competición tola de desafíos culinarios e artísticos contra un polbo máis listo ca el. Catas a cegas, lanzamentos de tinta e bailes con burbullas convértense nunha festa para todos os públicos. Risas aseguradas e moita retranca nun espectáculo onde, ás veces, o máis sabio é o que máis tentáculos ten.