
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

on veñen dun circo, nin dunha escola, nin sequera do fondo do mar... Estas Pompeiras saíron directamente dunha fábrica máxica de xabón: especialistas en crear caos brillante e burbullante alá por onde pasan. Van armadas cos seus pompeiros e non teñen medida: enchen as rúas de pompas xigantes que flotan, estouran, escapan... ou incluso se multiplican! E mentres tanto, bailan, posan e compiten entre elas por facer a pompa máis enorme. Un espectáculo cheo de ritmo e fantasía líquida. Porque ás veces, a maxia tamén leva mallas azuis e unha saia de globos.