
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.
.jpg)
Nunha cidade calquera, un porco xigante feito de globos loita por escapar dun destino inevitable: acabar no prato dunha festa. Con pasos firmes e mirada travesa, este porco rebelde percorre as rúas, burlándose do seu destino e facendo rir a quen o cruza. É a historia dun fuxido que desafía o establecido con humor e valentía, convidando a todo o mundo a celebrar a liberdade e a sorpresa. Porque ás veces, o que parece imposible, só precisa un pouco de aire…