Quenlla

Prepárate para unha tola persecución mariña en terra firme. Unha quenlla inchada con globos sae do océano na procura do seu xantar: uns mergulladores escorregadizos que corren polas rúas, prazas e mercados. Mentres a vila se transforma nun escenario de risas e caos, os veciños únense á acción: algúns axudan aos mergulladores, outros lían máis a cousa… Unha aventura chea de cor, movemento e moito humor, onde os globos cobran vida e a rúa convértese no fondo do mar.