
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Desde un reino onde as cartas teñen vida e as regras son... flexibles, chega a Raíña de Corazóns, acompañada polos seus orgullosos flamengos de globos. Pero esta raíña non está para mandar; está para facer das rúas un caos encantado. Con pasos decididos e ollos cheos de ideas disparatadas, organiza unha peculiar "audiencia" na que os transeúntes poden converterse en súbditos improvisados, retados a seguir as súas leis caprichosas. Os flamengos, sempre atentos, máis que animais parecen cómplices desta revolución divertida. Un espectáculo onde a tolemia, a maxia e o xogo se mesturan para crear unha experiencia que transforma a cidade nun verdadeiro País das Marabillas.