Raíña dos bosques

Durante séculos, gobernou os bosques profundos, onde as árbores falan. Algo a puxo en marcha: un desequilibrio, unha chamada… ou quizais pura curiosidade. Leva un vestido feito de vento, follas e luz: unha creación viva de globos que se move como se respirase. Os seus xestos son lentos, observadores, coma quen leva centos de anos sen ver humanos. Din que trae consigo unha mensaxe da natureza: non para dar leccións, senón para lembrar que todo o que non esquecemos… segue vivo.