Repoludos

Algo saíu mal nun experimento… e agora andan soltos pola cidade: son Os Repoludos, figuras humanas de globos, enormes, imprevisibles e imposibles de frear. Ninguén sabe de onde saíron nin quen os fixo, pero parece que colbraron vida propia e agora non paran de moverse, brincar, saudar a todo o mundo e meter o nariz onde non deben. Son simpáticos, si... pero tamén un pouco desastre. Este espectáculo é un estoupido de enerxía e humor: un desfile de personaxes que non entenden ben como funciona o mundo real, pero están dispostos a divertirse mentres o aprenden. E coidado... porque a súa tolemia é contaxiosa.