
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.
.jpg)
Safari Urbano" é unha excursión cómica e visual onde a rúa se transforma nunha sabana chea de maxia e risas. Unha xirafa xigante feita de globos camiña co seu paso impoñente, mentres tres exploradores intrépidos actúan como se estivesen no corazón da selva africana. A súa misión: descubrir os segredos desta impresionante criatura e compartir a maxia do safari urbano co público. A través de interaccións cheas de humor, sorpresas e momentos inesperados, estes exploradores mesturan a diversión co espírito aventurero, facendo da cidade un escenario único de descubrimento e maxia. Un espectáculo de rúa que invita a todos os públicos a unirse a esta expedición fantástica, onde a risa, a maxia dos globos son os protagonistas.