
Animando rúas, prazas e corazóns
dende Galicia para o mundo.
dende Galicia para o mundo.

Dende as profundidades máis surrealistas do océano emerxe este desfile acuático cheo de humor e fantasía. Zancos, pompas de xabón, criaturas mariñas xigantes e mergulladores despistados invaden as rúas para investigar os costumes estrafalarios dos humanos terrestres. O resultado? Un espectáculo cómico e visualmente deslumbrante que converte calquera cidade nunha auténtica festa submarina.