Roteiro de Samaín — info rápida
👦 Idade recomendada: a partir de 10 anos e adultos.
📍 Inicio e fin: Praza do Concello.
🕢 Horario: saída nocturna, con grupos escalonados cada 5 minutos.
💻 Inscrición: online, con prazas limitadas e por orde de inscrición.
📝 Menores: é obrigatorio traer firmada e impresa a Autorización de Participantes de Menores descargable en https://drive.google.com/file/d/16k395kZ9l55TTRpz7x1KaCCcbcTJWUOV/view.
🥾 Recomendación: levar calzado e roupa axeitados para camiñar polo monte.
🥫 Recollida solidaria de alimentos: cada participante deberá achegar un alimento non perecedoiro.
O que imos vivir
Monstruosas novidades, sustiños controlados e moita aventura para xente intrépida. Podes (e mola!) vir disfrazado/a. Recomendado: calzado de montaña, roupa abrigada e móbil con batería a tope.
Antes de saír
- Chega 15 minutos antes da túa quenda á Praza do Concello para o control de acceso.
- A persoa responsable do equipo confirma a reserva no Posto de Inscricións (Praza do Concello): nome do equipo, nº total de asistentes e autorizacións de menores se os hai. Lembra que na actividade non é recomendable a participación da rapazada moi pequena, sensible e impresionable.
- Cada participante trae 1 produto: alimento non perecedoiro ou produto de hixiene! Entrégase no Posto de Inscricións antes de comezar.
Como vai a saída
Normas clave (para que todo saia de medo )
- Respecta ao elenco: prohibido insultar ou agredir (expulsión do grupo e posible denuncia).
- Non toques o atrezzo nin cambies nada de sitio (tamén pode supoñer expulsión/denuncia).
- Sigue sempre as indicacións do persoal.
- Nada de alcohol nin drogas durante a actividade.
Declaración responsable (versión curto e claro)
- A participación é voluntaria e afirmas estar en condicións físicas axeitadas.
- Aceptas as normas e a sinalización do espazo; comprométeste a actuar con responsabilidade e non entrar en zonas restrinxidas.
- Os obxectos persoais son da túa responsabilidade.
- Asumes os riscos propios da actividade (desprazamento, efectos sonoros/visuais, sustos) e eximes á organización de danos derivados de incumprimentos ou causas alleas, agás dolo/neglixencia grave.
- Se hai menores, precisan autorización de pais/nais/titores.
- Datos persoais: úsanse para xestionar a actividade; podes exercer os teus dereitos a través dos contactos da entidade.
Dúbidas ou cambios na reserva
Teléfono: 604 073 423 (De 09:00 a 14:00). WHATSAPP
Vémonos na Praza do Concello… Valentes e temerarios! 🎃👣