Autor
Alejandro Mejuto Martínez e Ainhoa Martínez Álvarez
Chirivito e Chindasvinta cóntannos o conto de O Rato Renato. Este ratiño atopa unha cabaza moi fermosa, con ela quere facer unha casa para pasar o inverno, pero era o día de Samaín e nada saíu como el quería... Renato vivirá unha noite moi especial na procura da súa cabaza.