Toniño e o tío Vicente
“Toniño e o tio Vicente”, mostranos as aventuras dun neno de cidade durante unha vacacións vividas nun contorno rural. No transcurso delas obtén grandes coñecementos sobre a cooperación, o traball e a amizade, a través dxe numerosas vivencias e historias que o seu tío lle mostra. A medida que nos adentremos neste conto,comprobaremos que non só as persoas poden ser solidarias e unirse ante as desgrazas ou problemas que xorden no día a día, senón dentro do mundo animal, existen numerosos exemplosde gratitude e xenerosidade que moitas veces nos pasan desapercibidos. O tio Vicente será o encargado de contarlle ao seu sobriño Toniño moitos deses exemplos ao longo deste fantástico relato.